martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaCatro persoas feridas nunha colisión múltiple en Mos

Catro persoas feridas nunha colisión múltiple en Mos

Entre elas unha muller embarazada. O sinistro sucedeu na autovía A-55 a primera hora desta mañá e causou importantes retencións.

Catro persoas tiveron que ser atendidas esta mañá en Mos logo de colidir outros tantos coches.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo Servizo Municipal de Protección Civil da localidade, entre as persoas feridas había unha muller embarazada, que foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Por outra banda, os tres implicados restantes tiveron que ser evacuados ao Hospital de Fátima.

Os feitos sucederon na A-55, no punto quilométrico 10,200, en sentido a Vigo.

Foi o persoal do Servizo Municipal de Protección Civil quen puxo a situación en coñecemento do 112 Galicia, uns minutos antes das sete e media.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Porriño, á Policía Local e ao servizo de mantemento da autovía.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES