viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaCatro estudantes do Colegio Lar clasifícanse para a fase final do programa...

Catro estudantes do Colegio Lar clasifícanse para a fase final do programa de debate “Parlamento Xove»

O equipo formado por Adriana Cons, Stephenie Dávila, Noa Piñeiro e Ariana Rodríguez logrou o terceiro posto entre os 24 participantes

Escoita a entrevista realizada en Si Radio a estas estudantes de 4º da ESO:

 

O alumnado do Colegio Lar, en Mos, non deixan de colleitar éxitos. Nesta ocasión, a boa noticia vén da man de catro estudantes de ESO que participaron en equipo na fase clasificatoria do programa de debate “Parlamento Xove”, convocado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
A décimo cuarta edición desta iniciativa reuniu a pasada fin de semana na Residencia de Tempo Libre do Carballiño a 96 mozos de centros de toda a Comunidade que conformaron 24 equipos.
Adriana Cons, Stephenie Dávila, Noa Piñeiro e Ariana Rodríguez integraban un deles e trala súa intervención conseguiron alzarse co terceiro posto. Dos 24 equipos, os oito primeiros clasificáronse para a fase final, que dará comezo no mes de maio cos octavos.
A pregunta a debate desta edición foi “¿Está preparado o Estado de Benestar para afrontar os desafíos do envellecemento da poboación?”. Os equipos participantes tiveron que defender unha posición, ben a favor ou ben en contra. A dificultade está en que soamente cinco minutos antes de cada debate procédese ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo.
Este certame contribúe a fomentar as habilidades orais e escritas dos participantes, así como a súa capacidade de liderado e o respecto ás ideas dos demais.
Precisamente o grupo composto por estas estudantes do Colegio Lar conta xa con experiencia en competicións de oratoria e debate. A súa última participación foi fai unhas semanas no Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) organizado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES