viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaCativada do Porriño inicia a conta atrás para Porrigalia

Cativada do Porriño inicia a conta atrás para Porrigalia

Máis de 200 estudantes dos centros educativos do Porriño participaron hoxe en PrePorrigalia, a antesala dos Xogos Olímpicos do Porriño que se celebrarán os días 1,2 e 3 de xullo

O Porriño quenta motores para unha nova edición de Porrigalia e o fai cos nenos e nenas como protagonistas.

A praza Arquitecto Antonio Palacios acolleu hoxe “PrePorrigalia”, un evento no que máis de 200 alumnos e alumnas de oito centros educativos do municipio desfrutaron do espectáculo “Abordaxe Gala”, da compañía Barafunda, con Asterix, Obelix e máis habitantes da aldea gala.

O encargado de dar o pistoletazo de saída a unha mañá de troula foi o monologuista e actor, Pepo Suevos, que este ano converterase no Rei Breogán coincidindo cos xogos olímpicos do Porriño, que se celebrarán os días 1, 2 e 3 de xullo.

Xunto a el, o alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Educación e Cultura, Carolina González e Bienvenido Estévez, respectivamente, animaron aos nenos e nenas a irse preparando para “vivir a tope” Porrigalia 22.

Ademais, unha vez finalizado o acto e antes de volver aos colexios, levaron cada un unha laranxa coa etiqueta de Porrigalia para ir ambientando o almorzo

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES