viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaBota a andar o Plan de Formación 2023 do Concello do Porriño

Bota a andar o Plan de Formación 2023 do Concello do Porriño

Unha quincena de persoas participa no primeiro dos catro cursos que se impartirán de Condución e manexo seguro de carretillas elevadoras

As actividades formativas enmarcadas no Plan de Formación 2023 do Concello do Porriño xa deron comezo coa primeira quenda do Curso práctico de Manipulación de Carretillas Elevadoras, homologado conforme á normativa UNE. 15 alumnos e alumnas participan na primeira das catro quendas desta especialidade impulsadas dende a Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Rosario Costas.
Durante cinco días recibirán formación teórica e práctica de condución e manexo seguro de carretillas elevadoras apiladoras (categoría 1 do tipo 3), frontais contrapesadas (categoría 2 do tipo 4) e de mastil retráctil (categoría 2 do tipo 6) para prevención de riscos laborais.
A concelleira explicou que esta é unha das propostas que se desenvolverán no marco do Plan de Formación que dará cobertura ás necesidades esixidas polas empresas e do que se beneficiarán arredor de 500 persoas integrantes da Bolsa Municipal de Emprego. Este inclúe ademais cursos de Almacenaxe e Picking, Produción en Automoción ou Limpeza Industrial, entre outras especialidades.
O alcalde, Alejandro Lorenzo , lembrou que todas as persoas interesadas en inscribirse neste plan formativo deberán formalizar a súa solicitude de forma presencial nas instalacións de Porremprego en horario de 09.00 a 14.00.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES