viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaBota a andar a regularización da Urbanización de San Antoíño

Bota a andar a regularización da Urbanización de San Antoíño

A xunta de voceiros con representación dos diferentes grupos da corporación municipal reuniuse onte coa nova directiva e a administradora da Comunidade de Propietarios

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o xurídico do departamento municipal de Urbanismo; xunto co tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e demais voceiros dos grupos da corporación municipal, reuníronse onte pola tarde no Multiusos das Pozas coa nova directiva e a administradora da Comunidade de Propietarios da Urbanización de San Antoíño, na parroquia de Louredo.
Tras a sentenza favorable ao Concello de Mos, que establece o ámbito privado da urbanización, e a vontade de consenso por parte da nova directiva da Comunidade de Propietarios, retómanse as xestións e traballo conxunto de cara a que sexa posible unha futura recepción da Urbanización por parte do Concello.
O primeiro punto abordado entre ambas partes, e principal prioridade, é a conexión da urbanización á rexe xeral de saneamento do Consorcio de Augas do Louro. Unha obra cun orzamento total de 150.000 euros cuxa execución será asumida entre o Consorcio e os propios veciños, subsanando así unha problemática de fai moitos anos.
Desde xeito, goberno local e corporación municipal agradeceron a vontade da nova directiva de empezar a traballar conxunta e consensuadamente co Concello e trazar as liñas para solucionar a situación da Urbanización de San Antoíño. Así, a Comunidade de Propietarios iniciará a continuación a redacción do proxecto das necesidades a executar, como a mellora de beirarrúas, entre outras, e a avaliación dos custes das mesmas; contando sempre co asesoramento, axuda e colaboración dos técnicos municipais.
Continuarase, polo tanto, avanzando no procedemento do que se irá dando conta en futuras reunións.
Por parte dos representantes municipais, Arévalo e Augusto, expresouse a “man tendida do Concello, que colaborará en todo o posible coa Comunidade de Propietarios, tanto axudando tecnicamente no proxecto como na procura de fondos noutras administracións, etc.”

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES