viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda informa dun erro nos recibos do IBI do 2018

Salceda informa dun erro nos recibos do IBI do 2018

O Concello explica que non se practica a dedución do importe xa pagado.

O ORAL emitirá, de novo, os recibos correspondentes do IBI do exercicio de 2018 tras detectar «múltiples erros nos que non se practica a dedución do importe xa pagado», segundo apunta a administración local, e tal e como acordaron nunha xuntanza.

Polo tanto, todas aquelas persoas que recibieron unha carta de pago sen descontar a parte pagada en 2018 «non deben pagalo nin reclamar» pois «automáticamente o ORAL revisará estes casos e emitirá un novo recibo», explica o Concelo de Salceda de Caselas. Iso si, «sempre e cando a persoa titular do ben sexa a mesma en 2018 que na actualidade». As liquidacións que non son correctas, pero que cambiou de titular, si deben formular reclamacion.

No caso de que as liquidacións estean correctas, si teñen que pagarse no prazo indicado na carta.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES