jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaAs camelias saen á rúa en Salceda de Caselas

As camelias saen á rúa en Salceda de Caselas

A XII Xornadas da Camelia de Salceda de Caselas, que se celebran hoxe dia 20 e mañá 21, vén cunha novidade: son as camelias as que saen á rúa.

Como cada terceira fin de semana do mes de marzo, dende hai xa doce anos, Salceda de Caselas énchese de camelias. Con todo, esta nova edición trae con ela unha novidade: debido ao actual contexto da pandemia da COVID.19, este ano o concello decidiu sacar as flores ás rúas. «E foi un acerto encher 5 puntos do municipio cos conxuntos florais», segundo a concelleira de Turismo, Lucía Pereira.

«Son 12 expositoris propios da vila», tal e como explica Antonio Rivero, un dos impulsores do evento. Unha cifra que vai en harmonía cos tempos marcados pola pandemia.

En anos anteriores, era o propio edificio do Concello o que se enchía de camelias e, agora, esta fin de semana, Salceda de Caselas vístese coas camelias nas súas rúas. O evento, organizado pola Concellería de turismo, conta coa colaboración da asociación de persoas xubiladas e pensionistas do municipio e da asociación de mulleres rurais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES