jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaAlumnado de Mos participa nos programas educativos “Mates” e “Alimentación saudable no...

Alumnado de Mos participa nos programas educativos “Mates” e “Alimentación saudable no teu súper”

Hoxe tivo lugar unha das xornadas educativas no establecemento Eroski Center de Mos e contou coa participación de 35 estudantes de 5º de Primaria.

Un total de 35 alumnos mosenses de 5º de Primaria de diferentes centros educativos da localidade participaron durante a xornada de hoxe no programa educativo “Mates no teu súper”, impulsado pola compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski. Estas sesións tiveron lugar no supermercado Eroski Center de Mos no marco do Día Internacional das Matemáticas, que se conmemora mañá martes 14 de marzo.
Para levar a cabo esta xornada, Vegalsa-Eroski contou de novo co apoio do Concello de Mos acompañando aos cativos participantes na iniciativa a propia alcaldesa mosense, Nidia Arévalo.
A administración local, a través da concellería de Educación, impulsou e xestionou a participación dos diversos colexios da localidade nesta actividade, a primeira deste curso no municipio, pero que leva anos desenvolvéndose cos centros educativos da localidade. Unha actividade que permite ao alumnado aprender de forma diferente a través da aplicación práctica, traballando en equipo e fortalecendo o pensamento lóxico e abstracto.
Desde o inicio de “Mates no teu súper”, en 2015, o Concello de Mos estivo presente neste programa educativo de forma ininterrompida.

175 talleres prácticos e máis de 4.000 escolares participantes
Son xa 4.200 escolares de Galicia e León os que participaron nos máis de 175 talleres prácticos que Vegalsa-Eroski levou a cabo no marco do seu programa educativo “Mates no teu súper”. A actividade, que se organiza desde fai oito anos nos supermercados e hipermercados da insignia Eroski da compañía de distribución alimentaria, permite aos escolares conectar os coñecementos adquiridos na aula cun contexto real como é un supermercado, facéndoo dunha forma lúdica e práctica. Cabe destacar que o Concello de Mos, cos seus escolares, participou desde o inicio do programa.
“Ademais, a iniciativa busca tamén sensibilizar aos escolares sobre a importancia de levar unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables, especialmente, ante o preocupante crecemento da taxa de obesidade infantil», sinala a coordinadora do programa en Vegalsa-Eroski, Eva Capelete. Nesta actividade, dirixida especialmente aos alumnos e alumnas de 5º curso de Educación Primaria, trabállanse aspectos relacionados co currículo escolar, ademais de competencias matemáticas, de comunicación, saúde, nutrición e autonomía, ofrecendo unha proposta didáctica e interesante.
“Por iso é polo que, cada ano, poñamos ao dispor dos centros escolares material didáctico gratuíto elaborado por distintos expertos seguindo as directrices do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e a posibilidade de realizar talleres prácticos nas nosas tendas, achegando tanto a profesores como aos alumnos o poñer en práctica as habilidades aprendidas, dando sentido aos contidos matemáticos, coñecendo a súa aplicación e funcionalidade, á vez que entender o mundo a través das “mates”, comenta Capelete.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES