viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaA veciña máis lonxeva do Porriño cumpre un século de vida

A veciña máis lonxeva do Porriño cumpre un século de vida

Bienvenida Lorenzo comparte aniversario co seu bisneto Daniel que este domingo, 13 de novembro, alcanzaba a maioría de idade

O Porriño celebra o aniversario da súa veciña máis lonxeva, Bienvenida Lorenzo, que este domingo, 13 de novembro, cumpre un século de vida. Non todos os días se cumpren 100 anos e tampouco é doado alcanzar esa idade en boas condicións para desfrutar da celebración como hoxe fixo Bienvenida, que rodeada da súa familia recibiu a visita do alcalde, Alejandro Lorenzo, en tan sinalado día. E é que ademais, na casa de Bienvenida a xornadas festexábase por partida dobre xa que tamén se celebra o 18 aniversario de Daniel, un dos seus bisnetos, que comparte aniversario don ela.
O rexedor felicitou a ambos e entregou á homenaxeada un simbólico un fermoso ramo de flores en nome de todo o pobo do Porriño, como símbolo do agarimo dos seus veciños e veciñas.
“Faime inmensamente feliz compartir con Bienvenida a felicidade deste momento e máis aínda comprobar o fantástico estado no que se atopa a veciña máis lonxeva do noso pobo”, explicou o alcalde. “Ela é unha testemuña da nosa historia recente e garda valiosos recordos que hoxe tivo o detalle de compartir comigo. É un enorme luxo que contemos con ela”.
Bienvenida naceu o 13 de novembro de 1922 no municipio veciño de Mos, pero con tan só 18 aniños mudouse ao Porriño onde viviu ata o de agora ao carón do antigo campo da feira. Como destaca a súa familia foi e é unha nai e avoa excepcional, que coidou dos seus catro fillos, catro netos e oito bisnetos

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES