martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaA piscina do Porriño pecha tras detectarse contaminación na auga

A piscina do Porriño pecha tras detectarse contaminación na auga

Procederase ao tratamento logo da presenza de E. coli en niveis moi baixos.

A concellería de Deportes procedeu este mércores ao peche temporal da piscina municipal para resarcir unha contaminación das augas detectada nun dos controis rutinarios e obrigatorios realizados na mañá de hoxe.

Os mesmos arroxaron baixos niveis da bacteria E. coli polo que, por precaución tal e como marca a normativa sanitaria, as instalacións permanecerán pechadas para seguridade dos bañistas e para realizar ao tratamento da auga.

Dende o Concello insisten en que os niveis detectados son moi baixos, polo que se levará a cabo un tratamento de choque leve, e agárdase que a piscina poida abrir en 48 horas. Unha vez realizado, farase unha nova analítica para asegurar que os niveis volven á normalidade antes de reabrir as instalacións

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES