sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaA música das rondallas volverá a soar no Nadal de Mos

A música das rondallas volverá a soar no Nadal de Mos

As catro agrupacións do municipio actuarán o domingo 26 nun certame dentro da programación presentada polo Concello para estas datas

Tralo acto de acendido do alumeado de Nadal celebrado o domingo 28 de novembro, que contou con mercadillo artesanal, chocolate con rosca e concerto de Broken Peach, continúa a programación de Nadal organizada polo Concello de Mos.

O pasado sábado tivo lugar a recollida solidaria de alimentos Mos Axuda nos supermercados de Mos e o domingo inaugurouse o Belén de Herville no Centro Cultural de Herville.

O vindeiro sábado 11 de decembro ás 21.00 horas, concerto de Manuele de Felisa no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, e o 19 decembro ás 18.00 horas o Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade do Concello de Mos representará ‘Un Conto de Nadal’ tamén no auditorio de Torroso.

O día 26 ás 16.30 horas chegará o tradicional Certame de Rondallas de Mos á Avenida de Puxeiros, contando coa participación da Rondalla Santa Eulalia de Mos, Rondalla Centro Cultural de Torroso, Rondalla Santiguiño de Guizán e Rondalla Asociación Cultural de Herville.

Xa co comezo do novo ano, o 5 xaneiro, chegan as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente a Mos ás 17:00 horas na Cabalgata de Reis pola Avenida de Sanguiñeda.

Beléns

Os dous grandes Beléns de Mos poderán ser visitados nos seguintes horarios:

O Belén de Herville: de luns a venres de 15:00 h a 17:00 h e de 19:00 h a 22:30 h. Os sábados: de 15:00 h a 23:00 h. E os domingos: de 11:30 h a 13:30 h e de 15:00 h a 21:30 h.

O Belén do Pazo de Mos: de luns a venres, de 17:00 h a 20:00 h, sábados e domingos, de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h.

Campamento Infantil de Nadal

Hoxe xoves, 9 de decembro, ábrese o prazo de inscrición no campamento infantil de Nadal do Concello de Mos, que se realizará durante os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 decembro e 3,4 e 5 de xaneiro en horario: 9.00 a 14.30 horas na Axencia de Colocación de Mos.
Os interesados en solicitar Aula Madruga de 08.30 horas a 09.00 horas poderán facelo sempre e cando haxa un mínimo de 10 nenos/as.
Esta iniciativa vai dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre 3 e 12 anos. A admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello. Os obradoiros se realizarán sempre e cando se acade un mínimo de 15 participantes.

A inscrición poderá formalizarse do 9 ao 16 decembro, a través do Rexistro Xeral do Concello de Mos ou da Sede Electrónica. O prezo por participante é de 72 euros o campamento completo e días soltos 12 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES