viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaA gaita de Susana Seivane soará no Porriño en homenaxe a Rosalía

A gaita de Susana Seivane soará no Porriño en homenaxe a Rosalía

O Concello celebra con música e poesía o 185 aniversario do nacemento da escritora galega.

O Concello do Porriño, a través das concellerías de Normalización Lingüística e Cultura e en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, preparou unha programación específica para celebrar o 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Co fin de homenaxear a esta figura clave das letras e cultura galegas, recordar o seu labor e facer que siga presente para as novas xeracións, propón un programa de actos o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. Ás 19.00 horas, no Círculo Recreativo Cultural, a pianista Andrea García ofrecerá un concerto e ás 20.30 horas a gaiteira Susana Seivane actuará na Praza Arquitecto Antonio Palacios (no caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan trasladarase ao CRC).

Versos de Rosalía

Rosalía de Castro ensinou á sociedade da época, e á de hoxe en día, que as mulleres teñen voz e moito que dicir. Unha muller do século XIX que foi quen de marcar un punto de inflexión para o auxe do Rexurdimento, momento clave no eido literario e sobre todo, no político e no social.

Por iso dende o Concello do Porriño decidiuse que foran mulleres as que puxeran voz aos versos da autora, en representación do tecido social da vila. Juana Pérez, presidenta de ACIPOR, Chus Barros do Club Ciclista SPOL, Chus Lemos e Beatriz Correa do Centro Cultural de Pontellas, Eva González do Club de Lectura do Porriño, Alicia Campos do Club Balonmán Porriño, Candela Carballas de Atrezo Teatro e a xornalista porriñesa, Icía Alcalde, farán unha lectura conxunta dun poema da autora.

Será en dúas quendas, unha en cada un dos concertos que conforman a programación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES