sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaA escola de música do Porriño abre inscricións para novo alumnado

A escola de música do Porriño abre inscricións para novo alumnado

Poderase solicitar praza para o curso 2022/2023 entre o 1 e o 19 de xullo

A folla de solicitude de inscrición pódese descargar da páxina web do Concello ou recoller no centro cultural municipal de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas. Unha vez cuberta debe entregarse de modo presencial no Rexistro Xeral ou de xeito telemático a través da Sede Electrónica do Concello do Porriño.
Cabe destacar que a orde de entrega da inscrición será determinante na orde de matrícula.
A oferta da Escola Municipal do Porriño é a que se indica a continuación:
• Música e movemento, para nenos e nenas dende os 4 anos.
• Linguaxe musical para nenas/os, mozas/os e persoas adultas.
• As especialidades son: violín, viola, violonchelo, percusión, guitarra, piano, canto, gaita, clarinete, frauta traveseira, saxofón, óboe, fagot, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión tradicional.
• Tamén conta con agrupacións como a banda de música, a orquestra de corda, o grupo de música tradicional, a coral infantil e a coral polifónica de persoas adultas.
A matrícula realizarase no mes de setembro, despois da publicación das listas das persoas admitidas

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES