viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaA clásica Nocturna abre hoxe as Festas do Cristo do Porriño

A clásica Nocturna abre hoxe as Festas do Cristo do Porriño

250 deportistas distribuídos en oito categorías participarán nesta proba ciclista dende ás 18.00 e ata ás 23.00 horas polas rúas do casco urbano

Arrancan as Festas do Cristo con esta competición incluída pola Federación Española de Ciclismo entre as probas clásicas da categoría elite. O circuíto no que se celebrará «A Nocturna», con saída e chegada na praza do Concello, discorre por un percorrido de 1 quilómetro polas rúas do centro da vila nas que haberá restricións de aparcadoiro e cortes de tráfico, segundo anunciou a Policía Local. O club ciclista porriñés «Louriña Cycling Team» é o encargado de organizar o evento e o seu presidente, Juan Álvarez, é un dos antigos gañadores desta proba.

Un trivial xigante, dez concertos, pregón e os cabezudos de honra en 14 días de programación

Festas Cristo Camila Moreira

A concelleira de Cultura. Camila Moreira, presentaba esta mañá a programación das Festas do Cristo 2021. Un cartel con actividades para todos os públicos e que dan comezo hoxe mesmo. Quedan por diante 14 días con representacións teatrais e espectáculos de títeres e tamén circenses, unha decena de concertos como o de Tanxugueiras (o día 26) ou Mitic (o día 24), a volta dos cabezudos de honra (o día 23), o pregón (o día 25) a cargo de Antonio Palacios e Corona González (encarnados polos actores que interpretan a ambos personaxes nas visitas guiadas dedicadas ao arquitecto porriñés durante este ano) e, como broche de ouro, a Festa dos Callos (o 3 de outubro).

Camila Moreira, concelleira de Cultura:

O máis inmediato témolo esta fin de semana. Ademais da Feira de Oportunidades Merca na rúa, que se celebra sábado e domingo, para mañá, a partir das 11.00 horas está programada “A eira do Paporrubio” con xogos populares e espectáculo de monicreques na Praza Antonio Palacios e ás 20.30 horas abrirase, un ano máis, a Carpa Roxy para acoller a obra de marionetas de fíos “Titiricircus” da compañía Tanxarina. No mesmo escenario e á mesma hora, o domingo representarase o musical “A Formiga Icía” a cargo de Fiesta Escénica.

Moreira, afirmou que «necesitamos festas, con serenidade, e socialización, dentro dos límites dos protocolos sanitarios». A edil dixo que neste segundo ano de celebración en pandemia, coa experiencia adquirida, «todas e todos necesitamos vivir unha normalidade, particularmente que os nenos tamén vexan esa normalidade».

Camila Moreira, concelleira de Cultura:

Concursos Trivium e Improvisdados

A programación proseguirá na vindeira fin de semana con dous concursos na Praza do Cristo, un de preguntas, “Trivium”, que se estrea este ano, o domingo 19 de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 20.30 horas, e outro de debuxo que se repite logo do éxito do ano pasado, “Improvisdados”, o sábado 18, de 18.00 a 20.00 horas. Antes, o venres 17, ás 21.00 horas na Praza de San Sebastián, concerto do grupo Kaf, que presentará o seu novo disco “Cuando las palabras fallan…”. Tamén o domingo haberá música da man de Skarajazz (13.00 h na Praza do Concello) e teatro na Carpa Roxy (20.30 h) “Semente. O home que plantaba árbores” da compañía Eme2.

Autocine Festival de Cans

Este ano volve o autocine coa proxección das curtas finalistas do Festival de Cans 2021, será no aparcamento do velódromo municipal e para asistir é preciso inscribirse previamente. Para o resto das actividades, tamén con prazas limitadas, o acceso é libre ata completar o aforo, para o cal haberá un control con rexistro, in situ, das persoas asistentes.

Festa dos Callos

A programación continuará na fin de semana grande, do xoves 23 ao luns 27, festividade local e culminará na seguinte, do venres 1 ao domingo 3 de outubro, co Festa dos Callos en preto de 30 establecementos de hostalería, que servirán a ración ao prezo de 7 euros, na que se inclúen os callos, pan e cazola conmemorativa.

Poden consultar tódolos eventos e información máis polo miúdo na páxina web www.ecultura.net.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES