viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaA biblioteca municipal de Mos chamarase María Magdalena

A biblioteca municipal de Mos chamarase María Magdalena

Biblioteca Municipal María Magdalena. Así se chamará o edificio  que albergará tamén o Xulgado de Paz de Mos, e que o Concello de Mos ten previsto reformar proximamente.

Deste xeito a casa das letras mosense levará o nome da principal representante das letras de Mos, María Magdalena, gran poeta da Louriña que falecía o pasado 18 de agosto aos 99 anos de idade.

En gratitude e recoñecemento polos seus impagables labor e valía cultural e persoal, dotarase ademáis á Biblioteca Municipal da obra completa de María Magdalena (xa que agora dispónse só de parte dos títulos publicados), para que os lectores poidan gozar íntegramente dela nas novas instalacións, unha vez sexan reformadas.

A súa obra literaria completa está composta por obras en galego-poesía: Alborada do Val da Louriña 1986 (primeira edición), Colleita de soños tristes 1990, Alborada do Val da Louriña 1992 (segunda edición), Retrancas 1993, Sementeira de soños 1994, Amores na lúa 1998, Tempos de chorar 2001, A quen lle dou unha estrela? 2005, Alma de can 2009. Literatura infantil-xuvenil: O baúl das lembranzas, poemas para nenos, 2005. E obras en castelán-poesía: Un nuevo amanecer 1991, Como el manantial 1993, Mariposas de invierno 1994, En él doblaron lanas campanas 1998, Sueños de cristal 2001, Golondrinas en el cielo 2005.

 A fin de tratar a proposta de bautizar a Biblioteca co seu nome celebrouse esta mañá unha Xunta Local de Voceiros, na que se expuxo a proposta municipal contando co consenso e aprobación unánime de todos os grupos integrantes da Corporación Municipal.

María Magdalena Domínguez Domínguez, gran poeta da Louriña, Medalla ao Mérito do Concello de Mos, falecía onte tras unha longa traxectoria persoal e literaria que se prolongou durante case un século. Toda unha vida de entrega, traballo e creación artística.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES