jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriña72 novas prospeccións na procura de lindano no Porriño

72 novas prospeccións na procura de lindano no Porriño

Nos vindeiros días comezará a recollida de mostras de auga e catas de terra en 72 localizacións esparexidas por diferentes puntos do municipio.

 O Concello do Porriño vén de autorizar o inicio das mostraxes encargadas pola Xunta de Galicia para investigar posibles novas zonas do municipio afectadas polo lindano. O traballo de prospección será desenvolvido pola empresa Geocisa e dará comezo de xeito inminente, segundo fontes do Concello.
As mostras de auga e as catas de solo realizaranse en terreos de titularidade municipal no marco do «Plan integral de investigación para as áreas afectadas pola contaminación por lindano», promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Levaranse a cabo un total de 72 prospeccións. Segundo a empresa, que notificará unha semana antes a data de inicio dos traballos en cada zona, as mostraxes executaranse en 11 puntos do Monte da Risca, en 12 do barrio de Alvarín (Atios), en 25 puntos da parroquia de Torneiros (considerada a “zona cero” ), en 12 localizacións da parroquia de Pontellas e noutras 12 en Mosende.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES