viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriña20 mulleres formáronse en Mos para reducir as fendas dixital e de...

20 mulleres formáronse en Mos para reducir as fendas dixital e de xénero

Trátase do curso ‘Galegas Dixitais’, unha oportunidade para que as mulleres en situación de desemprego adquiran competencias dixitais para a súa empregabilidade e para o emprendemento

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, clausurou o pasado venres o curso do programa ‘Galegas Dixitais’ no que desde o 19 de setembro se formaron 20 alumnas mosenses.
Esta acción formativa impartiuse nas aulas da Axencia de Colocación de Mos.
Como xa se dixo, no curso ‘Galegas Dixitais’ participaron 20 mulleres en situación de desemprego. Foi unha oportunidade única para que estas mulleres, a través dunha formación gratuíta, adquiriran as competencias dixitais necesarias para o seu día a día, para a súa empregabilidade e para o emprendemento.

O programa, está organizado por Beproject Consultores e Ara Formación, e ten como principal obxectivo mellorar as capacidade dixitais de mulleres, favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero. Está financiado polos Fondos europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Xunto co material didáctico e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, as alumnas participantes foron obsequiadas cun ordenador portátil e unha webcam, cos que poderán por en práctica todo o aprendido.

Esta é a primeira das 3 accións formativas deste programa que están previstas na Axencia De Colocación De Mos, polo que as interesadas en inscribirse nas vindeiras poden chamar ao teléfono 986 487786 ou escribir ao correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES