jueves, abril 25, 2024
InicioNewsComarcasDúas mulleres emprendedoras apostan pola “sororidade”

Dúas mulleres emprendedoras apostan pola “sororidade”

Ánxela Garrido e Yolanda Carballo recaudaron cartos para a asociación Amaranta,que protexe ás mulleres sobreviventes da prostitución

Ánxela Garrido, a persoa que está detrás de Lalitacreaciones e Yolanda Carballo, a xerente de Pipilota recaudaron preto de 300 euros para a asociación Amaranta, que protexe ás mulleres sobreviventes da trata e da prostitución. En menos de 12 horas esgotáronse os «packs» de coleteros e lambetadas que puxeron á venda estas dúas emprendedoras de Ponteareas. Así que, ampliaron os 15 iniciais ata os 22. Incluso mulleres que pasaron por unha situación de Violencia de Xénero achegáronse a contribuir con esta iniciativa.

Serán as propias mulleres que sufriron a prostitución e a trata, da asociación Amaranta, as que decidan en que empregar os cartos que recadaron Ánxela Garrido e Yolanda Carballo. Deste proxecto cheo de «sororidade» sairá algo aínda máis grande e seguirán colaborando coa asociacion.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES