viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui é o concello do Baixo Miño con menos porcentaxe de poboación...

Tui é o concello do Baixo Miño con menos porcentaxe de poboación vacinada

É o municipio de Oia é o que rexistra a porcentaxe máis alta da comarca cun 80,92%, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

O SERGAS vén de facer pública a listaxe da poboación diana inmunizada por concellos e o 73,17% dos veciños e das veciñas de Tui, que son susceptibles de recibir a vacina contra a COVID-19, xa están inmunizadas. É dicir, que algo máis do 73% da poboación diana deste municipio do Baixo Miño recibiron a pauta completa contra o virus. Con todo, esta cifra é a porcentaxe máis baixa do conxunto das localidades da comarca.

Pola súa banda, a localidade con máis porcentaxe de poboación inmunizada contra o coronavirus é o de Oia con máis dun 80%, en concreto, un 80,92%. Séguelle O Rosal cunha porcentaxe do 77,85%; A Guarda cun 76,29% e, por último, o concello de Tomiño cun 76,23%.

Con 7 puntos porcentuais menos de poaboación diana vacinada con respecto ao municipio de Oia, é o concello de Tui o que rexistra os datos de inmunización contra o virus máis baixo da comarca do Baixo Miño.

Mos, o concello da Louriña con máis veciños inmunizados

Na comarca da Louriña, é o municipio de Mos o que encabeza a listaxe dos concellos cun maior número de veciños e veciñas que están inmunizados contra a COVID-19. Así, o 78,54% xa recibiron as dúas doses. Séguelle a localidade de Porriño cun 74,02% e, por último, a de Salceda de Caselas cun 73,58%.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES