viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoSímboloxía franquista fóra de Salceda, A Guarda e As Neves

Símboloxía franquista fóra de Salceda, A Guarda e As Neves

Fóra de seis concellos galegos quedará a simboloxía franquista. A súa retirada será posible grazas a unha subveción da Deputación de Pontevedra adicada a este fin, así como á rehabilitación deses inmobles municipais en Baiona, A Guarda, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Salceda.

A deputada de Memoria Histórica María Ortega quixo subliñar a valentía dos concellos solicitantes para cumprir coa Lei de Memoria vixente, que abrirá camiño para que en vindeiras edicións a liña de axudas chegue aínda a máis municipios da provincia co fin de erradicar as conmemoracións ou lembranzas do franquismo que aínda se conserven. A nacionalista destacou a puxo en valor o interese amosado polos os gobernos locais por retirar elementos que están vencellados coa ditadura e por cumprir os principios de ‘verdade, xustiza e reparación’ .

Na meirande parte dos casos, as retiradas de simboloxía corresponden a elementos relacionados coa Falanxe (FET y de las Jons), o partido único do réxime franquista que deu paso posteriormente ao Movemento Nacional, e que foi parte da estrutura do réxime e da represión exercida sobre a poboación durante a ditadura. Tamén hai elementos das Xuntas de Acción Municipal (JAM), que foron grupos dependentes da Falanxe formados en barrios ou pequenas poboacións co obxecto de levar adiante accións sobre o terreo e promover e exaltar o ideario falanxista e franquista entre a veciñanza.

No Concello de A Guarda eliminarase a simboloxía franquista da Praza de Abastos e da fonte –lavadoiro da Silveira grazas aos 1.762,20 euros de subvención. Na Praza de Abastos será retirada a placa conmemorativa de mármore branco con ‘ribete’ en negro con cravos de bronce que inclúe o xugo e as frechas da Falanxe ademais da inscrición ‘Deputación Provincial-Cooperación e os anos 1956-1957 e 1958-1959. Tamén se retirará a placa da fonte da Silveira ou da Piollosa, de material indefinido e repintado en varias ocasións no que destaca na parte central o xugo e frechas da Falanxe.

No Concello de Salceda de Caselas, cunha subvención de 1.573 euros retiraranse os escudos falanxistas de xugo e frechas da Fonte de Mil, no barrio da Revolta na parroquia de Parderrubias, e da Fonte de Liñares, no barrio de Barreiro da parroquia de Santa María de Salceda. Para a eliminación farase un picado manual e posteriormente unha limpeza con auga a presión para igualar a textura da zona picada co resto da fonte, retocando tamén o encintado.

O Concello de As Neves recibirá unha axuda de 1.028,5 euros para a eliminación de simboloxía do réxime franquista en dous espazos: a Fonte de San Ignacio, na que se fará un piqueteado da pedra baixo a figura de San Ignacio onde se sitúa un xugo e unhas frechas; e o portalón de acceso ao centro de saúde onde hai un símbolo de falanxe consistente nun xugo e unhas frechas.

O goberno local explica que como en multitude de concellos galegos a fonda pegada do franquismo segue presente nos espazos públicos das Neves dentro do núcleo urbano, a igrexa parroquial das Neves, a fonte de San Ignacio e o actual centro de saúde, polo que é preciso actuar para actuar insistindo na correcta interpretación histórica dos feitos acontecidos na guerra civil e ditadura para fornecer unha sociedade máis democrática.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES