jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoOs guardeses urxen máis persoal sanitario no seu centro de saúde

Os guardeses urxen máis persoal sanitario no seu centro de saúde

Ducias de veciños de A Guarda, o Rosal e Oia concentráronse onte na Guarda para denunciar a situación que atravesa a Atención Primaria do municipio.

A Plataforma en defesnsa da sanidade pública de A Guarda encheu a Praza Avelino Vicente para reclamar unha vez máis que se cubran as prazas vacantes do persoal do centro de saúde guardés, que, por exemplo, leva medio ano se pediatra. É un problema que sofren tamén as localidades veciñas de Oia e O Rosal, pois o servizo de urxencias dos tres Concellos concéntrase na Guarda. «Máis médicos e menos propaganda», clamaron os manifestantes, que levan meses denunciando esta situación

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES