jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasBaixo Miño"O mel non caduca", este venres no Teatro Municipal de Tui

«O mel non caduca», este venres no Teatro Municipal de Tui

Marián Bañobre e Avelino González protagonizan “O Mel non caduca” a comedia que Ibuprofeno Teatro presenta este venres, 15 de outubro, ás 21.30 h.

Trátase dun espectáculo ambientado no universo das abellas e do mel que explora a relación do ser humano cos obxectos, a degradación ecolóxica do planeta, e a obsolescencia programada, tanto dos produtos coma das persoas.  

Santiago Cortegoso é o autor e director desta peza teatral na que dous irmáns volven á casa familiar na aldea tras a morte da súa nai.  Como xestionar as pertenzas familiar fai aflorar o conflito entre os dous. Recibiu o premio de Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada e foi candidato ao de Mellor Actor nos XXIV Premios Max.

As entradas están en venda en www.tui.gal aos prezos de 8€ e 6€ até o venres ás 20.30 h.

Coas novas medidas que entraron en vigor o pasado sábado o aforo do teatro amplíase até o 85% é dicir, 470 butacas. Cómpre lembrar que www.tui.gal están á venda xa as entradas para todos os espectáculos da programación de Outono. 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES