viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoDimite o concelleiro de Tráfico de Tomiño,acusado nas redes sociais de fugarse...

Dimite o concelleiro de Tráfico de Tomiño,acusado nas redes sociais de fugarse dun accidente

O concelleiro de Seguridade, Tráfico e Persoal, Ismael Troncoso Martínez, vén de dimitir do seu cargo logo ser acusado, nas Redes Sociais, de dárse á fuga nun accidente que tivo lugar na noite do mércores 14 de abril.

Ismael Troncoso Martínez vén de presentar a dimisión como responsable de Seguridade, Tráfico e Persoal do concello de Tomiño «despois de varios días de reflexión», segundo apunta nun comunicado. Troncoso foi acusado, nas Redes Sociais,  de dárse á fuga nun accidente que tivo lugar o mércores 14 de abril. Un suceso no que, segundo explica o xa ex concelleiro, «non estiven  á altura e que, tal vez, sen intención, faltei á exemplaridade que se espera das persoas que ocupamos un cargo público».

Explicou Troncoso que «nas últimas semanas vinme involucrado nunha situación que está a xerar certa polémica» polo que, neste senso, aclara que «os danos provocados polo meu vehículo foron asumidos e resoltos co propietario do turismo implicado ao día seguinte do accidente, dado que se produciu pola noite».

Toma a decisión Ismael Troncoso porque » todo isto está afectar á miña familia, a terceiras persoas e ao goberno de Tomiño» e lamenta que «un incidente que está resolto amistosamente estea a xerar multitude de versións falsas».

Despediuse o ex responsable de Tráfico agradecendo «a todas as persoas, veciños e veciñas, que me deron a oportundiade de traballar para o meu concello».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES