viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoDetido un veciño de Tui de 40 anos por tráfico de drogas

Detido un veciño de Tui de 40 anos por tráfico de drogas

A Garda Civil detivo a un veciño de Tui de 40 anos por un suposto delito de tráfico de drogas. Incautóuselle máis de 2.000 euros en efectivo e distintas cantidades de estupefacientes, presuntamente dispostas para a venda.

Os feitos ocorreron o pasado fin de semana no transcurso de operativo preventivo que establecera a patrulla de seguridade cidadá do Posto da Garda Civil de Tui, no cruzamento da estrada PO-350 coa EP-3003, na parroquia de Randufe

A actitude sospeitosa do condutor dun dos vehículos interceptados propiciou que os integrantes do control realizasen unha minuciosa inspección do turismo, que desprendía un forte cheiro a marihuana. No rexistro superficial que se lle fixo ao condutor os axentes atoparon escondidos entre as súas roupas unha pedra de haxix que pesaba 84,5 gramos e 37,2 gramos de cocaína distribuída en varias bolsas de plástico, ademais de 2.008 euros en efectivo.

Existindo indicios racionais que predeterminaban a venda como o posible destino da droga, procedeuse á detención do condutor e único ocupante do vehículo por un delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes.

Quedou en liberdade coa obrigación de comparecer cando sexa citado no xulgado de Instrución de garda de Tui, onde se fixo entrega da droga e os demais efectos intervidos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES