viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda blinda o Trega para evitar a subida das Festas do...

A Guarda blinda o Trega para evitar a subida das Festas do Monte

A Policía Local e a Garda Civil colaborarán para evitar a celebración de botellóns e realizarán controis de consumo de drogas e alcohol.

A Policía Local e a Garda Civil colaborarán conxuntamente durante toda esta semana para garantir o cumprimento das medidas de seguridade. Tal e como xa avanzara o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, a celebración destas festas terá este ano un carácter reducido debido á incidencia da crise sanitaria na localidade, en risco alto segundo as últimas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia. Deste xeito, as festas limitáranse a actuacións de animación na rúa e ao peche do centro da vila de 21 a 1 horas, co obxectivo de que a xente poida desfrutar tranquilamente das actividades musicais programadas, así como da hostalaría.

O domingo, día da tradicional subida ao Tegra, non será posible subir ao monte, cuxos accesos permanecerán pechados desde a noite do sábado. Así mesmo, queda suspendido o gran desfile de bandas mariñeiras, así como a tirada de fogos pirotécnicos desde o porto.

Pola súa banda, Policía Local e Garda Civil prestarán especial atención e vixilancia á posible celebración de botellóns. Para evitar as agrupacións de xente e o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, sinalizaranse e prohibiranse os accesos a aquelas áreas nas que tradicionalmente adoita concentrarse a mocidade para beber. Ademais, a agrupación de Tráfico da Garda Civil reforzará a vixilancia de consumo de drogas e alcohol ao volante coa realización de controis móbiles. Esta medida ten ademais un obxectivo disuasorio ante a posible chegada de xente doutras zonas para participar nos botellóns.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES