jueves, abril 25, 2024
InicioNewsComarcasAumenta de novo a incidencia nas Neves e baixa en seis concellos

Aumenta de novo a incidencia nas Neves e baixa en seis concellos

As Neves ten unha das incidencias máis altas da bisbarra ,xunto con Gondomar, en canto aos novos casos dianosticados polo SERGAS

Con non máis de 9 novos positivos en COVID-19 entre a súa veciñanza, As Neves é un dos dous municipios da bisbarra que presenta maior presión do virus con máis de 75 positivos por cada 100.000 habitantes nunha semana, segundo a última actualización do SERGAS. A mesma incidencia que rexistra Gondomar dende hai xa varias xornadas. Aumenta a presión do virus tamén na Guarda con máis de 25 contaxios por cada 100.000 habitantes.

Pola contra, son seis os concellos nos que descende a incidencia en relación aos novos casos en COVID-19.No Condado, Salvaterra de Miño presenta agora a mesma incidencia que a maioría dos municipios das comarcas con menos de 75 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana e Ponteareas baixa dos 10 positivos por 100.000 habitantes ao igual que Tui, da comarca do Baixo Miño. Na Louriña, Mos descende dos 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana do mesmo xeito que o fai A Cañiza, na Paradanta. Na nova actualización do SERGAS, en Crecente o virus deixou de cirular en 7 días.

O Rosal, Pazos de Borbén, Mondariz e Crecente non rexistran positios entre os seus veciños e veciñas nunha semana aínda que manteñen casos en dúas semanas polo que non é posible incluílos na listaxe dos concellos libres de COVID-19 como si o están Salceda de Caselas, Fornelos de Montes, O Covelo e Mondariz-Balneario. Tomiño non acada os 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana e Oia, Baiona, Nigrán, O Porriño, Vigo e Soutomaior manteñen a presión do virus con menos de 75 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días.

Máis de 600 casos activos en COVID-19

Son xa 623 positivos en COVID-19 activos na Área Sanitaria de Vigo, segundo o SERGAS. Son 25 casos máis que onte. A boa nova é que baixa a presión hospitalaria con 6 persoas menos ingresadas ata as 33 en camas convencionais e 6 nas UCI. Pola contra, Sanidade vén de notificar o falecemento dunha muller de 86 anos no CHUVI no 6 de abril polo que, dende o inicio da pandemia, 419 veciños e veciñas da área perderon a vida por mor do virus.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES