sábado, abril 20, 2024
InicioNewsComarcasAs Neves e Mondariz-Balneario, sen positivos en 7 días e a incidencia...

As Neves e Mondariz-Balneario, sen positivos en 7 días e a incidencia baixa en Mos

Non hai nungún caso en COVID-19 nos municipios das Neves e de Mondariz-Balneario en 7 días e en Mos son menos de 10 positivos por 100.000

Segundo a última actualización de Sanidade, As Neves, un dos concellos no que rexe as medidas do nivel medio de restricións, e Mondariz-Balneario súmanse á Guarda e ao Porriño como municipios nos que non hai nungún caso positivo en COVID-19 entre a súa veciñanza nunha semana pero si en dúas polo que aínda non é posible incluilos na listaxe das localidades libres do virus. Ademais, a incidencia baixa en Mos con menos de 10 contaxios por 100.000 habitantes.

Deste xeito, os concellos que se sitúan na incidencia máis baixa que contempla o SERGAS, con menos de 10 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana, son A Guarda, As Neves, O Porriño, Mos e Mondariz-Balneario. Mentres que é Crecente o concello coa peor situación epidemiolóxica en canto aos novos positivos con máis de 125 por 100.000 habiantes con entre un e 9 contaxios en 7 días.

Fóra da zona considerada de risco por Sanidade, con menos de 25 contaxios por 100.000 habiantes nunha semana, atópanse os concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, A Cañiza, Soutomaior e Redondela. Achéganse aos 75 por 100.000 Tomiño, Oia, Baiona, Nigrán, Gondomar, Tui, Pazos de Borbén, Vigo, Nigrán e Ponteareas. Ningún deles rexistran máis de 9 casos entre os seus veciños e veciñas agás Gondomar que conta con 10, un máis que onte, Ponteareas no que o SERGAS detectou 13 contaxios nunha semana, un menos que na xornada anterior e na cidade olívida, en Vigo, onde 187 persoas teñen o virus, oito máis que onte.

Os concellos das comarcas que continúan libres do virus son O Rosal, Arbo, O Covelo, Fornelos de Montes e Mondariz.

Área Sanitaria de Vigo é a que máis positivos activos rexistra de Galicia

Son 625 casos activos en COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo, segundo o SERGAS, 10 máis que onte. É a que máis positivos rexistra do conxunto das áreas de Galicia. Séguelle a da Coruña con 602. En canto á presión hospitalaria, son 30 pacientes en camas convencionais, un menos que na xornada anterior, e catro na UCI.

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES