viernes, abril 19, 2024
InicioNewsComarcasA incidencia da COVID-19 baixa no Val Miñor

A incidencia da COVID-19 baixa no Val Miñor

Nigrán sitúase agora na segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade e Gondomar non supera agora os 75 contaxios por 100.000 habitantes.

Segundo a última actualización do SERGAS, a presenza da COVID-19 descende na comarca do Valmiñor.  Gondomar sae da zona considerada de risco por Sanidade e sitúase coa maioría dos concellos da bisbarra ao rexistrar entre 25 e 75 positivos  por 100.000 habitantes. Nigrán non supera agora os 25 casos por 100.000 e é Fornelos de Montes a localidade coa maior incidencia en canto aos novos contaxios diagnosticados con respecto a súa poboación, que non chega aos 2.000 habitantes.

Así, Fornelos de Montes sitúase na zona de risco ao contar con máis de 250 casos por 100.000 habitantes nunha semana. Malia que o municipio rexistra o abano entre 1 e 9 casos en COVID-19 a incidencia dispárae ao ser unha localidade que non chega aos 2.000 veciños e veciñas. Segundo apuntan fontes sanitarias, trátase dun gromo familiar que afecta a cinco persoas. O Porriño e Soutomaior son os seguintes concellos coa incidencia máis alta ao superar os 75 positivos por 100.000 habitantes.

Nunha incidencia entre os 25 e os 75 casos por 100.000 habitantes nunha semana atópanse a maioría dos concellos da bisbarra: Gondomar, Tomiño, Tui, Vigo, Mos, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Ponteareas e Pazos de Borbén. Todos eles nun abano entre 1 e 9 positivos  agás Tui, Ponteareas e Gondomar con 10 cadanseu e Vigo, con 195.

Nigrán sitúase na segunda incidencia máis baixa que contempla o SERGAS ao rexistrar entre 10 e 25 casos por 100.000 habitantes nunha semana. Nesta mesma sitaución epidemiolóxica atópase A Guarda e Redondela.

A COVID-19 deixou de ter presenza entre os veciños e as veciñas do Rosal, Baiona, das Neves e Arbo durante unha semana. Con todo manteñen casos activos coa perspectiva de 14 días polo que aínda non é posible incluílos na listaxe dos municipios libres do virus como si o están A Cañiza, O Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Oia e Crecente.

A Área Santiaria de Vigo baixa dos 900 casos activos

Na Área Sanitaria de Vigo son 898 casos activos en COVID-19, segundo o SERGAS, logo de 7 días superando a cifra dos 900 contaxios.Son 8 menos que na xornada anterior. Con todo, aumenta a presión hospitalaria en catro pacientes ingresados máis en camas convencionais ata os 32 e mantense nas UCI con 12.

Sanidade notificou na xornada do luns o falecemento dun home de 62 anos que fora diagnosticado con coronavirus con patoloxías previas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Son xa 427 veciños e veciñas da Área Sanitaria de Vigo que perderon a vida por mor do virus dende o inicio da pandemia.

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES