As escolas infantís privadas poden solicitar axudas para ser de balde
A Consellería de Política Social e Xuventude abrirá este xoves o prazo dun mes para que as organizacións privadas que rexentan escolas infantís de 0 a 3 anos soliciten a axuda para poder establecer a gratuidade do servizo para o curso 2022/23. Non son subvencionables nin o comedor nin as actividades extra á atención aducativa.