viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsA RaiaVigo máis preto de Lisboa cun novo tren desde Valença

Vigo máis preto de Lisboa cun novo tren desde Valença

Agora que ir de Vigo a Lisboa en seis horas é posible as fronteiras entre Galicia e Portugal están pechadas. Este luns arrancou de Valença de Miño o primeiro tren Intercidades de Combios de Portugal.

Cinco horas tarda en conectar Valença (6.48 horas) e Lisboa (12.00 horas) o novo tren Intercidades da Comboios de Portugal.

Queda oficialmente unido o municipio do Alto Miño coa capital portuguesa a través do tren nacional que pasa polas principais cidades do país luso, tales como Aveiro ou Coímbra.

O primeiro ministro António Costa inaugura esta liña de tren eléctrico cunha viaxe entre Valença e Viana do Castelo.

Este Intercidades une Lisboa e Valença en 5 horas e doce minutos. O servizo, cunha saída diaria de luns a sábado desde cada unha das dúas cidades, ten 21 paradas.

O prezo do billete por traxecto completo é de 41,65 euros ou de 29,60, en función de se se viaxa en primeira ou segunda clase.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES