martes, abril 16, 2024
InicioNewsA RaiaUn párraco de Monçao apartado das súas funcións por abusar dun menor

Un párraco de Monçao apartado das súas funcións por abusar dun menor

 Segundo os medios lusos, tiña 39 anos e oficiaba en varias parroquias do municipio.

Un párraco da diócese de Viana de Castelo recoñece que abusou dun menor. Ten 39 anos e oficiaba en varias parroquias de Monçao.

Todo comezou cando a diócese de Viana do Castelo, segundo apuntan medios lusos, recibiu unha denuncia sobre un dos seus párrocos acusandoo de abusar de menores. A entidade confrontou esa información co relixioso e este recoñeceu os feitos e anunciou a súa decisión de retirarse do exercicio das súas funcións.

Nun comunicado, a diócese apunta que «compartimos o profundo sufrimento da víctima e da familia, xunto cun enorme sentimento de vergoña».

O párroco oficiaba nas parroquias do Divino Salvador de Cambeses, Santa Maria de Abedim, Nossa Senhora das Neves de Bela, São João Baptista de Longos Vales, São João Baptista de Portela e São Miguel de Sago, no municipio de  Monção.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES