jueves, abril 25, 2024
InicioNewsA RaiaSeguirán os controis para garantir o peche perimetral de Galicia

Seguirán os controis para garantir o peche perimetral de Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confirmou este martes que haberá controis para garantir o peche perimetral de Galicia.

Mentres a comunidade continúe perimetrada, non se poderá ir a Portugal malia que o país luso abrira as fronteiras o 1 de maio. Confirmouno este martes a vicepresidenta primeira do goberno, Carmen Calvo, na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros. Insistiu Calvo en que «hai que cumprir as normas do lugar no que se reside».

Amáis, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, explicou tamén este martes que as Frozas e Corpos de Seguridade do Estado velarán para que se cumpran as restricións. «Haberá controis dentro da comunidade non só para a cidadanía galega senón tamén para aquelas persoas que veñen de Portugal», dixo o delegado.

Así, mentres a comunidade galega continúe perimetrada non se poderá viaxar ao país veciño sen ter unha causa xustificada. Unha causa xustificada que si teñen as persoas que traballan na raia e que, agora, contan con todos os pasos abertos para pasar a fronteira.

 

 

 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES