martes, abril 23, 2024
InicioNewsA RaiaReclamarán no Parlamento Europeo indemnizacións polo peche da fronteira

Reclamarán no Parlamento Europeo indemnizacións polo peche da fronteira

Eurodiputados de Galicia e Portugal, de diferentes forzas políticas, acordaron trasladar a Comisío Europea os prexuicios que esta medida está causando na raia, polo que piden compensacións económicas.

Uxío Benítez, vicedirector da AECT Río Miño, valora positivamente a reunión cos eurodiputados:

Eurodeputados e eurodeputadas de todos os partidos políticos de Galiza e Portugal comprometéronse hoxe a presentar unha iniciativa conxunta no Parlamento Europeo para reclamar compensacións económicas ao territorio do Miño polo peche da fronteira con Portugal. Así se acordou nunha reunión convocada polo AECT Río Miño, no que representantes do agrupamento transmitiron a problemática que as persoas traballadoras e as empresas da zona están a vivir pola decisión de só ter aberto un paso 24 horas na fronteira.

O vicedirector do AECT Uxío Benítez manifestou tralo encontro a súa grande satisfacción pola reunión, da que xurdiron importantes decisións de apoio á causa do territorio miñoto. De feito, houbo unanimidade por parte de todos os grupos en traballar pola compensación ao territorio, en entender que existe un problema e en que non ten sentido a redución dos pasos habilitados na ‘raia’.

En concreto, acordouse presentar unha iniciativa conxunta de todas as forzas políticas no Parlamento Europeo para que a Comisión Europea poida transmitir aos estados membros a singularidade das zonas transfronteirizas, e as consecuencias de pechar fronteiras nelas. Así mesmo, destacouse a necesidade de establecer mecanismos de compensación a través dos fondos europeos e dos plans de resiliencia aos territorios que están sendo doblemente afectados pola pandemia e o peche de fronteiras.

Acordouse tamén volver reunirse e crear un foro estable de todos os eurodeputados e eurodeputadas para poder facer un seguimento á problemática que está a afectar a milleiros de persoas no territorio transfronteirizo. Tamén se puxo sobre a mesa a visita dunha delegación das e dos europarlamentarios aos concellos do Miño para coñecer de primeira man a situación das persoas afectadas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES