jueves, abril 25, 2024
InicioNewsA RaiaPortugal levantará o estado de emerxencia o 1 de maio

Portugal levantará o estado de emerxencia o 1 de maio

Portugal porá fin ao seu estado de emerxencia o sábado, 1 de maio. En vigor desde novembro expiraría o 30 de abril e o país luso non o vai  renovar no Parlamento. O presidente, Marcelo Rebelo de Sousa, toma a decisión ao estabilizarse a incidencia.

 

O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa:

«Decidín non renovar o estado de emerxencia», comunicou Rebelo de Sousa e explicou que tomou a súa decisión pola «estabilización e mesmo descenso do número medio de mortes e de ingresados en planta e en coidados intensivos, a redución do Rt (o índice de transmisión) e a estabilización do número de infectados».

O estado de emerxencia, en vigor desde novembro e que estaba vixente ata o 30 de abril, debe ser proposto polo presidente, aprobado polo Parlamento e renovado cada 15 días, como establece a Constitución Portuguesa.

O presidente tamén destacou o esforzo nos tests e o avance da vacinación, e deu grazas aos portugueses por «un ano e dous meses de valente disciplinada resistencia». Aínda así, avisou de que non dubidará en avanzar novamente con outro estado de emerxencia se a situación o require.

Actualmente Portugal atópase na terceira fase do plan de desconfinamento e espérase, a falta de confirmación oficial, que o vindeiro luns a gran maioría do país avance á última fase do proceso.

O índice de transmisión Rt atópase en 0,99 e a incidencia a 14 días é de 70,4 casos por 100.000 habitantes. Portugal, con algo máis de 10 millóns de habitantes, suma desde que empezou a pandemia 834.991 casos confirmados do virus e 16.970 falecidos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES