viernes, abril 19, 2024
InicioNewsA RaiaMunicipios da raia percorren en barco o Río Miño internacional

Municipios da raia percorren en barco o Río Miño internacional

O obxectivo é avaliar a futura ruta turística fluvial do Río Miño, que se pretende lanzar ao público durante o verán.

O pasado día 29 de maio, os representantes políticos dos municipios raianos do tramo  Internacional subiron en barco o Río Miño entre Valença-Tui e Monção- Salvaterra de Miño co obxectivo de avaliar a viabilidade da futura ruta turística fluvial do Río Miño, que se pretende lanzar ao público durante o verán.

Acompañados por membros da Capitania de Tui, representantes dos municipios de Salvaterra de Miño, Tui, Monção, Valença, nomeadamente, a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Varcácel, o Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e concelleira Yolanda Rodríguez, e os vareadores de Monção e Valença, responsables da área de Turismo, João Oliveira e Mário Rui, respetivamente, e tiveron a oportunidade de observar e avaliar in situ o futuro percorrido da ruta fluvial do río Miño, que será lanzada durante o próximo verán. O obxectivo era confirmar a viabilidade da ruta e as condicións de navegabilidade do río, simulando as condicións reais da futura ruta. Nese sentido, foi empregado en tempo real a App Calados Salvaterra (Google Store), que permite coñecer de forma instantánea o calado do río Miño Internacional e trazar a ruta ideal ao longo do río Miño, considerando a existencia de determinadas zonas con baixa profundidade no percorrido en causa.

Este último ano, os municipios das dúas Eurocidades do Miño teñen vindo a traballar no sentido de lanzar unha campaña de promoción do río Miño, tendo como base o percorrido fluvial ao longo do río Miño Internacional entre Monção- Salvaterra e Tui- Valença. Nese sentido, os municipios lanzarán un concurso internacional para alugar unha embarcación fluvial de 20 prazas, así como outros medios de transporte terrestre, que permitirá ao operador turístico a contratar organizar rutas turísticas entre os 4 municipios.

A campaña busca relanzar o turismo local fronte á recente epidemia COVID-19 e ao mesmo tempo promover os principais recursos e atractivos turísticos da sub-rexión turística transfronteiriza do Río Miño Internacional. A campaña turística da ruta fluvial do río Miño está prevista ser lanzada no verán de 2021 e irá decorrer ata ao próximo ano de 2022. A ruta fluvial do río Miño Internacional e a App Calados Salvaterra son accións contempladas no proxecto “Río Miño Destino Navegável”, aprobado polo Programa de Cooperación Transfronteirizo España-Portugal ( POCTEP), INTERREG V-A 2014-2020, que conta con cofinanciamento europeo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES