Perfil da alcaldesa de Salceda / Verónica Tourón, xestiona coa mirada posta nas veciñas e veciños, especialmente naqueles que máis o precisan

veronicaVerónica Tourón chegou á Alcaldía de Salceda de Caselas en xuño de 2021 froito dun pacto de goberno entre o PSdeG-PSOE e Movemento Salceda, no medio da pandemia mundial do Coronavirus. Xa como xefa de filas do grupo do PSdeG-PSOE en Salceda tiña presente as persoas que máis poden precisar do apoio do Concello nuns momentos tan complexos. Xunto coa súa compañeira Gela Ledo, que é a responsable da área de Sanidade e Benestar Social, mira de preto as necesidades do municipio para facer posible unha Salceda máis xusta para todas e todos, especialmente para aquelas persoas que máis poden precisar de axuda.

Nesa liña de responsabilidade social tamén traballa co compañeiro Rubén González Coto, que leva as áreas de Medio Ambiente e Medio Rural, traballando cara un medio ambiente máis sustentable e unha dinamización e mellora do medio rural.

A rexedora salcedense, licenciada en Empresariais pola Universidade de Vigo, é unha xestora capaz que ten o Concello na súa cabeza, xestionando con eficacia a través dun equipo de goberno, de preparación demostrada, que dirixe con enerxía.

Da súa experiencia laboral destacan o seu traballo en Acción contra el Hambre España e como coordinadora de Proxectos de Emprego na Federación Galega de Parques Empresariais

¿E ti, es de Tweet?