As e os oíntes teñen unha cita coa cultura os sábados ás 15:00 horas ata as 17:00 horas en Si Radio co gran Xulio Lorenzo.

O programa, Sons dos Galleiros, "busca dar a coñecer, un pouco máis, a nosa cultura, que é inmensa", segundo explica Lorenzo. Para este obxectivo, Lorenzo botará man da naturalidade, cun ton ameno, divertido e, como non podía ser doutro xeito, enchendo de música as ondas de Si Radio.

Neste primeiro programa, Lorenzo entrevista a unha escritora que se inicia nas letras, Lara Boubeta, que ten en marcha un crowfunding para o seu libro Donde nacen las flores  ; a Fran Lorens, que vén de presentar o videoclip Qué no daría yo ; a Cristina Maró con un docuemtanl sobre o Camiño de Santiago e para seguir no eido das letras , falará con Enma Pedreira, entre outros persoeiros.

Amáis, Lorenzo avanza que co tempo "faremos un listado das cancións dos artistas que participan como unha especie de votación co artista da semana".

Todos os sábados en Si Radio de Galicia, Xulio Lourenzo convida aos oíntes a coñecer máis sobre as e os persoeiros destacados de Galicia cunha cita ás 15:00 horas ata as 17:00 horas na onda de Si Radio.

 

¿E ti, es de Tweet?