Si Radio de Galicia emite boletíns horarios cada hora, agás cando se emiten informativos de maior duración. 

Aquí pode escoitarse, salvo erro técnico, o último boletín emitido.

Cómpre lembrar que Si Radio é un medio independente, sen vencellos con ningunha institución pública, sindical, política ou relixiosa. Tampouco hai no noso accionariado ningún fondo de inversión, banco, ou grande empresa. As e os profesionais que traballan nos servizos informativos son xornalistas, graduad@s ou doutorad@s en xornalismo ou comunicación audiovisual por universidades ubicadas en Galicia ou noutras comunidades de España. Tamén hai profesionais de apoio, colaboradores e outros membros da equipa cunha longa traxectoria ao servizo da información.

Si Radio emprega as últimas tecnoloxias da información e a comunicación, como axuda no rendemento laboral e como novo medio de transporte. Porén, o traballo das redactoras e redactores é un traballo rigoroso cun só denominador: A busca constante da veracidade e a obxectividade.

veronica 4Verónica Palleiro, responsable de informativos de Si Radio - SRD

 

 

 

¿E ti, es de Tweet?