O noso compañeiro Mino Morrissey adicou o último tramo do Primeira Fila a analizar todo o que rodea a unha banda mítica: The Smiths.

Considerados coma unha das bandas máis importantes de rock alternativo, os británicos The Smiths e o seu líder, Steven Patrick Morrissey, agochan nas súas cancións un mundo irónico e cheo de ambigüidades. Pioneiros en moitas cousas, Mino analiza un universo rico en iconografía a través das portadas dos seus discos ou das letras das súas cancións, que falan de salvación persoal e colectiva, de frustracións, dos desexos das clases traballadoras da Gran Bretaña dos 80. Todo isto e máis, baixo a lúcida mirada do noso colaborador Mino Morrissey.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral