O Tribunal Supremo decidiu por unanimidade confirmar a sentenza da Audiencia da Coruña e ordear á familia Franco a devolución ao Estado do Pazo de Meirás.
A Sala Primeira do Tribunal Supremo desestima todos os recursos interpostos contra a sentenza ditada pola Audiencia Provincial da Coruña en relación coa propiedade do Pazo de Meirás, no procedemento seguido a instancia da Avogacía do Estado (coa intervención adhesiva da Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación da Coruña e o Concello de Sada) contra os irmáns Martínez-Bordiú Franco. O fallo foi adoptado por unanimidade.
O Pazo de Meirás foi residencia de verán de Franco durante toda a ditadura. O edificio foi construído por orde da escritora Emilia Pardo Bazán a finais do século XIX.
A partir da morte do ditador, a familia utilizouno ata que o Goberno reclamouno para o patrimonio público, nunha acción xudicial que foi apoiada polos concellos da Coruña e Sada, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.
A sentenza, datada o 11 de marzo, fai fincapé en que durante a ditadura resultaba complicado distinguir entre os bens persoais de Franco e do Estado, ao tratarse dunha “autocracia personalista”. Finalmente, o Supremo confirma que a familia Franco debe devolver o inmoble ao estado.

