viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaMos regula o réxime de teletraballo do persoal municipal

Mos regula o réxime de teletraballo do persoal municipal

Poderán solicitar un máximo de dous días á semana de traballo de forma non presencial

O Concello de Mos aprobou a “Instrución para a prestación de servizos en réxime de teletraballo”, que fora aceptada xa na Mesa de Negociación, o pasado 10 de decembro, co voto a favor de todos os sindicatos presentes, e será remitida ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación.
A entrada en vigor da citada Instrución producirase aos 15 días a partir da publicación no BOP.
A instrución do teletraballo será de aplicación aos empregados/as municipais que presten servizos no Concello de Mos, e ocupen un posto de traballo susceptible de ser desempeñado na modalidade de teletraballo.
O teletraballo ten como finalidade conseguir un mellor e máis moderno desempeño do posto de traballo a través do fomento do uso de novas tecnoloxías e a xestión por obxectivos, así como contribuír á conciliación da vida, persoal, familiar e laboral ou outras circunstancias persoais ou organizativas que así o aconsellen, sempre con un carácter voluntario e reversible.
Nesta modalidade de prestación de teletraballo, garantiranse as condicións esixidas en materia de prevención de riscos laborais, da seguridade social, da privacidade, de protección e confidencialidade dos datos.
Presentación de solicitudes
A partir da súa entrada en vigor os traballadores/as do Concello de Mos poderán presentar as súas solicitudes por Rexistro de entrada, preferentemente de xeito electrónico, con indicación das xornadas que pretenden ser desempeñadas en réxime de teletraballo, que se distribuirán como máximo en dous días de forma non presencial mediante teletraballo, e o tempo restante en xornada presencial.
Así mesmo recóllense casos excepcionais en caso de que as circunstancias sanitarias ou outras circunstancias de carácter excepcional, así o aconsellen

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES