martes, abril 23, 2024
InicioComarcasO CondadoA Xunta sustitúe o ascensor da residencia Santa Ana de Ponteareas

A Xunta sustitúe o ascensor da residencia Santa Ana de Ponteareas

Cun investimento de 40.000 euros.

A Xunta de Galicia investirá 40.000 euros na substitución do ascensor da residencia Santa Ana de Ponteareas, segundo informa a administración autonómica. O deterioro que ten o edificio preocupa á Consellería de Política Social, e así llo fixo saber Fabiola García a alcaldesa do Concello na última reunión que mantivo con ela. Comprometeuse a valorar todas as posibles melloras das instalacións deste centro e «desde que é coñecedora da averia do aparato elevador propuxo achegar o financiamento para substituílo por un novo».

De titularidade autonómica e xestión municipal, «a residencia Santa Ana é un exemplo de cooperación entre Administracións», apunta a Xunta de Galicia posto que «destina 500.000 euros anuais ao seu mantemento, ademais doutros investimentos puntuais como a renovación do ascensor, que permitirá mellorar notablemente a calidade de vida dos maiores que viven nela».

 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES