jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia achégase a 1.300 casos COVID e supera os 50 ingresos

Galicia achégase a 1.300 casos COVID e supera os 50 ingresos

Galicia continúa sumando máis dun cento de contaxios de COVID-19 cada día e acada xa os 1.285 positivos, tras aumentar en 106 na última xornada. Na UCI hai 9 persoas e 44 diagnosticados de coronavirus están en planta nos hospitais galegos.

 A área sanitaria que ten máis casos activos segue a ser a da Coruña, pero séguelle moi de preto a de Ourense e moito ollo porque a área viguesa sumou nas últimas 24 horas 51 positivos  máis.

A Coruña: 317 (+19)

Ourense: 295 (+8)

Vigo: 233 (+51)

Lugo: 124 (+5)

Santiago: 113 (+10)

Pontevedra: 106 (+11)

Ferrol: 97 (+2)

As persoas hospitalizadas son 53. En total, hai 9 en coidados intensivos (-1) e 44 en planta (+8). Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid, elevando a cifra a 2.656 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES