viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaEu Son negocia co PP unha moción de censura contra García de...

Eu Son negocia co PP unha moción de censura contra García de la Torre

Militantes da marca local de Esquerda Unida no Porriño aprobarono este domingo nunha asamblea, aínda que a dirección nacional advirte que non está de acordo coa decisión.

Comenzan as negociacións no Porriño para que a socialista Eva García de la Torre deixe de ser alcaldesa. O grupo de Eu Son iniciará un diálogo co PP para que o líder popular, Alejandro Lorenzo, sea o novo rexedor da vila da Louriña, logo de que os militantes votaron a favor na asamblea local do domingo. En total, foron 20 persoas as que apoiaron a proposta e dúas as que se abstiveron. Unha das concelleiras de Eu Son, Blanca Francés, votou en contra porque «malia saber o negativo que é goberno municipal actual, a nosa organización política non avala nin avalará un goberno de dereitas no Porriño».

A negativa de Blanca Francés non é a única pois a propia directiva nacional advirtiu tamén este domingo, mediante un comunicado da dirixente de Esqueda Unida, Eva Solla, que non o avalan «de ningún xeito» e que «rexeitan categóricamente» a firma da moción de censura co Partido Popular.

Pola súa banda, a concelliera de Eu Son, Patricia Sío, que si votou a favor de iniciar as negociacións da moción de censura explica que «é un paso difícil para un partido de esquerdas como nós pero por encima das siglas e a idoloxía está a decencia» e entende que «é un imperativo ético que Eva García de la Torre, de unha maneira ou outra marche da alcaldía de Porriño».

Para rexistrar a moción de censura fan falta, como mínimo, nove firmas, posto que o Partido Popular conta con oito. No caso de que as negociacións entre este grupo e o de Eu Son cheguen a bo porto, as dúas concelleiras, Patricia Sío e Blanca Francés, asinarían o documento «porque é a asamblea quen decide e como representantes acatamos e transmitimos a súa vontade».

 

 

 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES