sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaOutra árbore centenaria cae no Parque do Cristo

Outra árbore centenaria cae no Parque do Cristo

Foi na mañá deste mércores cando outro tilo se derrubou ao parecer pola mesma praga de fungos detectada xa fai uns anos.

Por sorte, ao igual que das últimas veces non houbo que lamentar danos persoais. A árbore, de grandes dimensións, estaba situada preto do palco da música.

Caída de otro tilo en Parque do Cristo 2
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente, indicou que «se tomarán medidas preventivas de inmediato ante o risco potencial de caída doutras árbores». Segundo indicaron fontes municipais, “a causa é unha praga de fungos que podrece as raíces destas árbores”, algunhas das cales datan de antes da Guerra Civil e as máis recentes foron plantadas nos anos 60. Con todo, este non é un feito illado, pois anos atrás xa se produciran situación similares, nunca con danos máis que materiais e sempre coincidindo con días de chuvia, pois o proceso de putrefacción coa climatoloxía adversa acelérase máis.

En outubro de 2019 caeran cinco árbores en menos dunha semana

O último dos episodios aconteceu fai dous anos, cando en outubro de 2019 unha praga de fungos provocara a caída de cinco árbores en menos dunha semana neste mesmo espazo, unha delas dentro do parque infantil que naqueles intres estaba libre de nenos. Entón a árbore caeu sobre unha atracción de feira alí instalada que se atopaba pechada naquel momento.
«Son árbores con problemas de enraizamento que se ven agravados polo ataque do fungo que afecta desde a raíz ao tronco e, ante a falta dun tratamento para erradicalo nesa fase de putrefacción xa tan avanzada, a única solución é cortala», apuntaba naquel entón un enxeñeiro dun centro de xardinería que acudirá ao lugar par afacer unha valoración global in situ do estado de todas as árbores do parque.
Segundo indicara o edil de Medio Ambiente, dese estudo concluírase que alomenos a metade atopábanse afectados gravemente polo fungo, polo que se procedeu a cortalos para eliminar así calquera risco que puideran supoñer. Pero o perigo volveu aflorar de novo hoxe.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES