viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísSae da UCI a rapaza agredida por un amigo menor no Carballiño

Sae da UCI a rapaza agredida por un amigo menor no Carballiño

A rapaza menor de 14 anos que fora agredida, presuntamente, no Carballiño por un amigo menor dos 14 tamén, saiu da UCI e atópase en planta. Aínda que a súa vida está fóra de perigo quédalle un duro traballo para recuperarse das graves lesións sufridas.

A rapaza do Carballiño que foi agredida presuntamente por un amigo menor de 14 anos. Tras 40 días en reanimación, esta pasada noite foi trasladada a planta.

Está fora de perigo, pero moi débil. Quédalle pendente moito traballo de rehabilitación.

«Sufriu danos moi graves», comentou a irmá, que lle afectan tanto ao movemento como a comprensión.

Familiares e amigos loitan para conseguir que se modifique a lei e que os menores de 14 anos poidan ser imputables penalmente.

O vindeiro 30 de outubro teñen convocada unha nova manifestación que sairá da Igrexa da Veracruz, no Carballiño.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES