jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasVal de MiñorReclaman que se pare o desafiuzamento dunha familia de Nigrán

Reclaman que se pare o desafiuzamento dunha familia de Nigrán

Diferentes organizacións solicitan ao Concello que adopte todas as medidas necesarias para evitar o desafiuzamento dunha familia de Nigrán, que está previsto para o luns 18 de outubro.

 

Podemos Nigrán, Esquerda Unida, Plataforma de usuarios afectadas por S.S de Nigrán e a asociación Rebeldía solicitan ao alcalde que «adopte as medidas necesarias para evitar o desaiuzamento dunha familia de tres persoas». Actualmente, están tramitando a axuda do RISGA, a Renta de Inclusión Social de Galicia, polo que «aínda non poden facer frente ao pago do aluger» pero en canto a teñan «a situación será outra diferente».

Neste senso, reclaman que se lle de unha alternativa habitacional  na vivenda de integración social e piden, igualmente, que se é necesario se actúe ante a Xunta de Galicia.

Falamos nos informativos de Si Radio de Galicia con José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES