martes, abril 16, 2024
InicioNewsO PaísSobe o paro en Galicia nun setembro de caída nacional histórica

Sobe o paro en Galicia nun setembro de caída nacional histórica

O paro subiu en Galicia no mes de setembro en 1.790 persoas fronte á caída nacional experimentada no resto de España, onde o número de desempregados baixou en 76.113 persoas, sendo o  mellor dato da serie histórica.

 O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 1.790 desempregados en setembro en Galicia (+1,18%), fronte á caída da media, segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Traballo e Economía Social.

En 12 meses, a evolución do desemprego na comunidade galega reflicte un descenso do 13,32%, cun total de 23.520 persoas menos nesta situación. Deste xeito, o total sitúase en 153.054 parados.

Por provincias, e en termos relativos, o maior incremento foi o de Lugo, do 3,85%, con 555 desempregados máis, que sitúa no total en 14.964.

Na Coruña, o aumento do paro foi do 1,62%, ao rexistrarse 983 persoas máis no desemprego, até un total de 61.785. Ourense anotouse un repunte do 1,11%, até 17.607, que son 194 parados máis, e Pontevedra do 0,1%, 58 desempregados máis, até 58.698.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES