viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasO CondadoEsgotadas as entradas para o grupo América en Ponteareas

Esgotadas as entradas para o grupo América en Ponteareas

Ponteareas celebrará a festividade de San Miguel, este mércores (festivo local) con xigantes e cabezudos, lanzamento dos seus tradicionais globos de papel, animación de rúa e concerto do grupo América, para o que se esgotaron, en horas, as reservas gratuítas de entrada.

Os xigantes e cabezudos, que percorrerán as rúas do centro urbano acompañados do Grupo Folclórico Naiama a partir das 11.30 horas. Tras eles, e como xa é tradición nas festas, os globos de San Miguel encherán o ceo ponteareán ás 13.30 horas. O Concello agradece o intenso traballo que cada ano realizan todas as persoas implicadas na confección destes delicados globos lanzados cada ano coa colaboración de Enrique González, veciño de Covas, e tan cheos de simbolismo. 

A programación festiva continuará pola tarde con animación de rúa ás 17.00 horas e co concerto da Banda de Música A Unión de Guláns na Praza Fernández Vega ás 19.00 h. O grupo América soará a partir das 21.00 h no aparcadoiro da Avenida Castelao. Ponteares encherase de clásicos do rock, pop e heavy metal de todos os tempo.

O xoves 30 de setembro o gran protagonista será Tanxugueiras, un grupo de folk galego que se perfila como favorito dos fans de Eurovisión para representar a España na vindeira edición do certame. A súa canción, ‘Figa’, foi a máis votada entre unha listaxe de 100 propostas feita por Eurovisión-Spain e composta por todo tipo de artistas consagrados e emerxentes. Un potencial escénico e unha autenticidade que abren a posibilidade de levar unha canción nunha das linguas oficiais do estado por primeira vez na historia. 

Dende o Concello agradécese a grande acollida da programación das festas de San Miguel deste ano, coas entradas das actuacións de América e Tanxugueiras esgotadas en apenas unhas horas. Saliéntase ademais a gran calidade dos espectáculos, de balde e pensados para todos os públicos, e anímase a todas as persoas a gozar das diferentes actividades previstas para estes días. 

A programación das festas continuará o venres 1 de outubro, sábado 2 e domingo 3 con diferentes actividades para todas as idade

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES