viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaMos encomenda o proxecto da biblioteca a unha arquitecta local

Mos encomenda o proxecto da biblioteca a unha arquitecta local

O Concello de Mos quere reformar o edificio da biblioteca e dos xulgados de paz, na Porteliña, en Petelos, e aposta pola arquitecta local Estefanía Grandal, quen recibiu dous premios autonómicos.Mos opta a subvención do Plan Concellos para esta obra.

 

Grandal recibiu recoñecemento pola Escola Infantil a Galiña Azul da Veigadaña (premio COAG 2019 e Premio de Arquitectura de Galicia 2020) e traballa agora noutro proxecto de reforma integral xusto ao carón do da Biblioteca: o da Escola Infantil da Porteliña, que desde o Concello e Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anunciaban fai uns días.

Para a mellora da Biblioteca e Xulgado de Paz Mos, Fani Grandal e Ludmila Castro, que acompaña á mosense neste proxecto, fan unha proposta de actuación que pretende conseguir un edificio caracterizado polo uso de materiais espidos, destacando a expresión natural dos mesmos.

A da Porteliña trátase dunha edificación de planta baixa e planta primeira cunha superficie construída total de 317,81
m2, con forma rectangular e materializada con cuberta a catro augas e fachada de pedra rosa Porriño con canto de forxado vistos.

Para a mellora integral programada pártese do cerramento de pedra existente e dos elementos estruturais en formigón visto. Con iso de base, introdúcense os metais en zinc e aluminio anodizando natural que apoian a rehabilitación para conseguir un resultado interior de maior confort: carpinterías exteriores e cuberta. O interior da biblioteca manterá a mesma esencia que o exterior. Neste caso, será a madeira, na súa expresión natural, a principal protagonista.

“Con ela búscase achegar a calidez necesaria neste tipo de uso. Xeráronse mobles a media altura que van moldeando un único espazo para conseguir ambientes máis reducidos e íntimos. Búscase non romper o contacto visual do espazo na súa totalidade; dispoñendo de espazos polivalentes e zonificados para xerar unha maior sensación de confort”, explica Grandal.

Ademáis propóñense unha serie de mellorías para garantir o confort térmico e visual: mellora do illamento térmico da envolvente do edificio, instalación de novos equipos de produción de calor ou frío, mellora das instalacións de iluminación, implantación de equipos de contabilización, e monitoraxe de datos.

O orzamento desta reforma ascende a 481.375,53 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES